viernes, 26 de noviembre de 2010

Novo libro no MINICLUB DE LECTURA: USHA, María Reimóndez, Xerais, Vigo, 2006.

Uxía, Usha para os seus amigos, fálanos da súa relación coa India, país onde pasa longas tempadas acompañando a súa nai, membro dunha ONG que traballa en proxectos de cooperación no estado de Karnataka.

A súa vida na vila de Devastana pemitiralle facer amigos, aprender novas linguas e costumes e adquirir unha visión diferente da vida, froito dos contrastes entre o mundo do que ela procede e esa cultura nova que a acolle.

Estamos a preparar materiais e propostas de actividades que nos permitan un mellor aproveitamento da lectura desta novela.
Animádevos a comentar sobre o libro. E esperámovos o próximo xoves na vosa biblioteca.
Un saúdo.

No hay comentarios: